Log in

Rastreros

  • Publicado en Grupos

Rastreros

 

Género Punk Bravú  
Procedencia Chantada (Lugo)  
Discografía

Non lle toque-lo rabo á vaca que pensa que é boi (maqueta, 1990)

Perigo! Animais ceibes (EP, 1992)

A piñón fixo,a golpe de pixo (LP, 1996)

O xogo Democrático (Single,2013)

 
Enlaces

Web

Facebook

Twitter

Youtube

BIOGRAFÍA

Despois do estrepitoso fracaso na súa tentativa  de dominar o mundo e someter á humanidade aos desvaríos da súa vontade, a banda retirouse aos infernos onde permaneceu oculta durante moitos anos. Durante todo este tempo, os seus membros rexentaron  unha taberna no Averno que tivo grande éxito nos círculos de prestamistas e banqueiros así como no de predicadores pederastas, xa que alí achaban alivio ás duras xornadas de tormento ás que eran sometidos. O local chegou a ser moi famoso no erebo debido a un exquisito viño de misa obtido por medio dun estraperlista, outrora papa de grande renome, que era asiduo das tapas de tripón e das partidas de escoba que tiñan lugar na taberna.

Toda esta boiante situación foise a pique ao inaugurar nas proximidades do local un lupanar.  O negocio era propiedade dunha sociedade formada por Sadam Hussein, Alí o Químeco e varios ex-presidentes dos EEUU e fora creado coa idea de dar conforto aos soldados norteamericanos que irían chegando de todo o planeta.  Moi pronto o ambiente no barrio volveuse insoportábel xa que a soldadesca era fonte continua de disputas, ruídos e botellóns até altas horas, co que as redadas comezaron a ser habituais, e a selecta clientela da taberna liscou a fumo de carozo sen deixar rastro, levando á quebra tan frutífero negocio.

A necesidade e algunhas débedas de xogo con varios monarcas e príncipes, provocaron que a banda tivese que fuxir das caldeiras de Pedro Botero. Conseguírono grazas a unha caixa de licor café caseiro que salvaron do local, e que serviu para subornar ao porteiro do averno para que os deixase pasar ao reino dos vivos.

De novo na súa aldea e perigosamente aborrecidos, inauguraron unha secta satánico-capitalista que practicaba un ritual de bico negro á cabra da lexión.  Nela ingresaron numerosos financeiros  do mundo da banca e de fondos de capital-risco inmobiliario, ávidos de obter os favores do Anxo das Tebras para o seu lucro persoal. Así as cousas, a obra conseguiu o maior dos éxitos  para os tebrosos negocios dos seus devotos.  Pero un dos compoñentes do grupo deixou grávida a unha curmá de Belcebú e deuse á fuga. O enfado do Maligno foi de proporcións bíblicas. Arruinou a todos e cada un dos numerosos adeptos que militaban na secta ao longo e ancho do planeta, e moitos deles acabaron no cárcere. Os membros da banda escaparon e desperdigáronse polo monte. Porén o Diaño, que non para, non dubidaba en prender lume e calcinar calquera monte galego en que sospeitaba que se ocultaban os responsábeis da súa ira.

Pero o tempo, que todo o cura, e a casualidade, fixeron que todos eles (Diaño e Rastreros) coincidisen hai pouco nunha das actuacións que daban nas orxiásticas festas organizadas por un coñecido presidente europeo. Foi o mismísimo cavalieri o que intermediou e tranquilizou os ánimos. Alguén abriu unha garrafa de augardente e, sete botellas máis tarde, cantarruxaban todos xuntos temas míticos do seu primeiro e único disco. Temas como "O  sancristán de Basán", "Puta Gunilla" que era o preferido de Silvio, ou "Kristo jipi" no que fai ben tempo, o mismísimo Mefistófeles participara na gravación dos coros.

Os obxectivos actuais do grupo son agora un misterio, polo que calquera cousa cabería esperar. Mais segundo se rumorea polos baixos fondos o seu directo non vai defraudar a ninguén que non se defraudara xa con anterioridade.

 

Leer más ...
Suscribirse a este canal RSS

¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto

POLÍTICA DE COOKIES

 

¿Qué son las cookies?

Una cookie es un fichero que se descarga en su ordenador al acceder a determinadas páginas web. Las cookies permiten a una página web, entre otras cosas, almacenar y recuperar información sobre hábitos de navegación de un usuario o de su equipo y, dependiendo de la información que contengan y de la forma que utilice su equipo, pueden utilizarse para reconocer al usuario.

 

¿Qué tipos de cookies existen?

Las cookies se pueden clasificar de estas tres formas:

- De sesión o persistentes

Las cookies de sesión recopilan y almacenan datos del usuario mientras navega por la página web. Se suelen emplear para almacenar información que solo interesa conservar para la prestación del servicio solicitado por el usuario en una sola ocasión.

Las cookies persistentes se diferencian de las anteriores en que permanecen instaladas en el terminal (ordenador, tablet...) durante un tiempo definido, tiempo que depende del responsable de la cookie.

- Propias o de terceros

Las cookies propias están creadas o gestionadas por esta página web y su finalidad es mejorar el uso y rendimiento de la web, detectar necesidades de nuestros usuarios y analizar posibles mejoras a introducir.

Las cookies de terceros están creadas y gestionadas por prestadores de servicios publicitarios y análisis ajenos a nosotros.

 - Técnicas, de personalización, de análisis o de publicidad.

Las cookies técnicas permiten al usuario la navegación a través de nuestra página web y la utilización de diferentes opciones o servicios que en ella existan, de forma que nos permita, a través de los resultados de los análisis de navegación, mejorar la oferta de productos y servicios que ofrecemos.

Las cookies de personalización permiten al usuario acceder al servicio con algunas características de carácter general predefinidas en función de una serie de criterios en el terminal del usuario.

Las cookies de análisis nos permiten el seguimiento y análisis del comportamiento de los usuarios en nuestra página web, con el fin de medir la actividad de la misma y elaborar perfiles de navegación, introduciendo mejoras en función de los resultados de dichos análisis.

Las cookies de publicidad nos permiten la gestión eficiente de los espacios incluidos en nuestra página web, adecuando el contenido de la publicidad al uso que el usuario haga en aquélla. 

 

¿Qué cookies utiliza esta web?

Esta web no utiliza cookies de terceros, solo de sesión.

 

¿Cómo puedo desactivar o eliminar estas cookies?

Puede usted permitir, bloquear o eliminar las cookies instaladas en su equipo mediante la configuración de las opciones del navegador instalado en su ordenador.

• Firefox

• Chrome

• Explorer

• Safari

• Opera

• Otros navegadores: consulte la documentación del navegador que tenga instalado.

Log in or Sign up