Log in

Heredeiros Da Crus Destacado

HdC

 

Género

Rock

 
Procedencia Barbanza (A Coruña)  
Discografía

A Cuadrilla de Pepa A Loba (LP, 1994)

Está que te cajas! (LP, 1995)

Criatura (EP, 1997)

Des minutos (LP, 1997)

Erecsións municipais (LP, 1999)

All Right Chicago (LP, 2000)

Chicarrón (LP, 2004)

Jard Rock con fé (LP, 2013)

Buscando a superfama (Single, 2015)

 
Enlaces

Web

Facebook

Twitter

Youtube

Bandcamp

Instagram

BIOGRAFÍA

Heredeiros da Crus nacen en Castiñeiras, en Ribeira (A Coruña) en 1992. Logo duns primeiros ensaios nun galiñeiro de Poi, ese mesmo ano ofrecen o seu primeiro concerto na mítica Festa da Dorna. En 1994 publican o seu primeiro disco, ‘A Cuadrilla de Pepa a Loba’, un álbum que marcou un antes e despois na historia do rock en galego e no que se inclúen himnos como ‘Quero josar’ ou ‘O fillo de José’. Beni, alias ‘o fillo de Amparito’ era o batería nesta formación inicial, un posto que logo ocuparon Pepe Santamaría (entre 1995 e 1999), Marcos Otero (no directo All right Chicago), Pedro Rodríguez Trelles (no disco Chicarrón) e Manu Rey a partires da xira do 2012.

As letras descaradas e divertidas, as guitarras poderosas, o falar natural, con gheada e seseo, e a actitude provocadora e irreverente, fixeron dos Heredeiros todo un símbolo para milleiros de galegos e galegas dos anos 90 famentos de música e cultura coa que identificarse.

Logo de converterse nun dos grupos insgina do Xabarín Club –o mítico programa infantil da TVG para o que gravaron temas e videoclips hoxe históricos como Que jallo é ou Íscalle Lura –, e de ofrecer ducias de concertos sempre memorables (e normalmente polémicos) por toda Galicia e parte do estranxeiro (chegaron a actuar en Londres e Nova York), en 1996 edítase o segundo disco de Heredeiros da Crus: Está que te cajas!!, con temas emblemáticos como ‘O teu fillo fuma porros’, a melancólica ‘A chaqueta de lana’ ou Frenaso no calsonsillo’, unha peza na que colabora o mesmísimo Rosendo Mercado.

En 1997 os Heredeiros publican dous traballos: ‘Criatura’, un EP de cinco temas (entre eles, outro himno: ‘Non quero nada de ti’) e ‘Des Minutos’, no que empezan a versionar cunha exitosa versión do ‘My Sharona’, que eles titularon ‘Vaiche boa’. O seguinte álbume publicouse dous anos despois, en 1999, baixo o título ‘Erecsiones munisipales’: un disco que por primeira vez conta con outros instrumentos e sonoridades como os metais nalgunhas pezas.

Un ano despois, en 2000, Heredeiros da Crus publican o seu sexto disco, un dobre álbume gravado en directo, titulado ‘All right Chicago” (que converteu a Heredeiros na primeira banda en editar un disco de rock en directo en galego), no que se pode apreciar a potencia do grupo de riba dos escenarios, un lugar onde todo é posible: disfraces, improvisacións, lanzamento de obxectos, colaboracións do público, mesmo stripteases…

Logo de catro nos que, entre outros proxectos, editaron un disco de versións baixo o nome de ‘Recambios Tucho’ (2001), en 2004 publicaron o seu sétimo (e último) disco como Heredeiros da Crus: ‘Chicarrón’, un traballo con sons máis pausados que incluía un dvd con material extra (unha iniciativa tamén pioneira na música en galego ).

En 2005, o grupo retírase dos escenarios e cada un dos heredeiros inicia os seus propios proxectos musicais en solitario.

En 2012, cando se cumpren 20 anos daquel primeiro concerto na Dorna, os Heredeiros da Crus, os máis jrandes, volven aos escenarios para dalo todo. Unha xira que comezou na discoteca LP45 Ordes (A Coruña) o 3 de marzo de 2012 cun concerto memorable para todos os asistentes. Sería o principio da volta dos máis jrandes…

Despois de tocar nos principais festivais do país ese verán (Nordestazo, Brincadeira, Derrame, Music Way, Rías Baixas e Arreaocabo), en 2013 Heredeiros da Crus ademáis de seguir ofrecendo memorables concertos por toda Galicia, mantiveron a súa promesa de publicar un novo disco (o primeiro de estudo despois de nove anos) con 12 temas inéditos: Jard Rock con Fe. O disco foi un éxito de vendas, e os festivais seguiron a sucederse: O festival de Cans, A romaría da Fraga, o Revenidas, as festas de San Froilán, o Ifevi, a sala Shoko de Madrid, e moitas datas máis nas que arrastraron a milleiros dos seus incondicionales siareiros.

Estrenan o 2015, cun tema inédito, preparan novas sorpresas enriba do escenario e moito, moito rockanrol . Non lles perdades a pista.

Modificado por última vez enMiércoles, 10 Febrero 2016 18:44
Más en esta categoría: « Cervan The Buzzos »

¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto

POLÍTICA DE COOKIES

 

¿Qué son las cookies?

Una cookie es un fichero que se descarga en su ordenador al acceder a determinadas páginas web. Las cookies permiten a una página web, entre otras cosas, almacenar y recuperar información sobre hábitos de navegación de un usuario o de su equipo y, dependiendo de la información que contengan y de la forma que utilice su equipo, pueden utilizarse para reconocer al usuario.

 

¿Qué tipos de cookies existen?

Las cookies se pueden clasificar de estas tres formas:

- De sesión o persistentes

Las cookies de sesión recopilan y almacenan datos del usuario mientras navega por la página web. Se suelen emplear para almacenar información que solo interesa conservar para la prestación del servicio solicitado por el usuario en una sola ocasión.

Las cookies persistentes se diferencian de las anteriores en que permanecen instaladas en el terminal (ordenador, tablet...) durante un tiempo definido, tiempo que depende del responsable de la cookie.

- Propias o de terceros

Las cookies propias están creadas o gestionadas por esta página web y su finalidad es mejorar el uso y rendimiento de la web, detectar necesidades de nuestros usuarios y analizar posibles mejoras a introducir.

Las cookies de terceros están creadas y gestionadas por prestadores de servicios publicitarios y análisis ajenos a nosotros.

 - Técnicas, de personalización, de análisis o de publicidad.

Las cookies técnicas permiten al usuario la navegación a través de nuestra página web y la utilización de diferentes opciones o servicios que en ella existan, de forma que nos permita, a través de los resultados de los análisis de navegación, mejorar la oferta de productos y servicios que ofrecemos.

Las cookies de personalización permiten al usuario acceder al servicio con algunas características de carácter general predefinidas en función de una serie de criterios en el terminal del usuario.

Las cookies de análisis nos permiten el seguimiento y análisis del comportamiento de los usuarios en nuestra página web, con el fin de medir la actividad de la misma y elaborar perfiles de navegación, introduciendo mejoras en función de los resultados de dichos análisis.

Las cookies de publicidad nos permiten la gestión eficiente de los espacios incluidos en nuestra página web, adecuando el contenido de la publicidad al uso que el usuario haga en aquélla. 

 

¿Qué cookies utiliza esta web?

Esta web no utiliza cookies de terceros, solo de sesión.

 

¿Cómo puedo desactivar o eliminar estas cookies?

Puede usted permitir, bloquear o eliminar las cookies instaladas en su equipo mediante la configuración de las opciones del navegador instalado en su ordenador.

• Firefox

• Chrome

• Explorer

• Safari

• Opera

• Otros navegadores: consulte la documentación del navegador que tenga instalado.

Log in or Sign up